Donnerstag, September 07, 2006

BILBAO VS GUEVARA

Coma un bisón enxaulado o etarra Javier Bilbao arremeteu conta o presindente do tribunal Alfonso Guevara que o ía xulgar na mañán do xoves por ameazas ó xuiz Garzón, Bilbao utilizou unha peculiar terminolixía baseada nos tiros e no esfolamento como argumento básico de debate deixando así en cueiros e coma un auténtico erudito da palabra ó seu compañeiro de militancia Txapote. Nun intre no que o partido socialista está a buscar candidato de carisma e peso para a alcaldía de Madrid e liquidar a Gallardón , pensamos dende ista non redacción que no cando de Cerolo, Gonzalez ou Solana , o mellor xesto posible para o proceso de paz era apresentar a Javier Bilbao coma candidato de choque fronte ó todo terreo Gallardón, sempre e cando o anano borracho que o xulga lle deixe exercer as suas funcións coma alcalde claro.