
Todos recordamos aquel grande disco do grupo americano Spin Doctor, Pocket Full of Kryptonite, princios dos 90 cando istes neo-hippies asaltaban as listan cun peganñento tema funk, por aqueles anos os Resentidos asaltaban tamén as listas españolas cun tema que falaba de lumes forestais e pupilas de metal, a día de hoxe ningún grupo galego amosa posibilidades de conquerir un hit a nivel estatal e menos ser elexido por Rockdelux coma o mellor disco do ano como o conseguiron os de Reixa . Ardeu Galiza ista fin de semana coma o fixo xa moitas veces antes o único é que ista vez as lapas achegáronse demasiado ás casas e cobráronse víctimas inocentes. O monte non é un xogo e non valen as boas palabras do considerado coma o Super-conselleiro, Suarez Canal tiña que demostrar a valía de toda a consellería de medio rural xusto no momento no que o país máis o precisaba , dende logo que se a mellor das armas dista consellería é chamar ó exercito español para que nos libren das lapas , case que mellor collermos os caldeiros para salvar os nosos montes cheos de criptonita.