Dienstag, Juli 11, 2006

OS TELETIPOS DO KREMLIN.....

Os teletipos chegaban a ista non redacción cargados de confusión sobre o acontecido na veciña república de Ingush, zimmer103 optou pola cautela ante a evidente intoxicación que o Kremlin e os servicios secretos rusos estaban producindo sobre o estabo de saude do lider separatista checheno Samil Basáyev. Só despois de recibir nista non redacción un comunicado selado polo mando da guerrilla chechena confirmando a morte de Basáyev e de vaios guerrilleiros nos atrevemos a comunicar a toda a larada de mandrís adoecidos que vos colgades por estas polas dixitais que a morte do camarada é un feito pero non foi producida por unha emboscada nen por unha operación dos exército ruso senón pola explosión dun camión bomba que os propios guerrilleiros transladaban de lugar. Son varias as operacións de combate que dirixiu Samil Basáyev pero sen lugar a dúbidas nista non redacción quedámonos coa realizada no estadio do noso equipo de futbol preferido , o Dinamo de Grozni . Bandeiras a media asta nos estudios Grozni pola morte duns irmáns separatistas que ogallá poidan desfrutar dunhas boas lápidas en checheno!!