
O Zaire xa non é Zaire, denominada actualmente coma Republica Popular do Congo afronta despois de sofrir numerosos e interminábeis conflictos internos e tocarlle en segunda persoa a terrible guerra de Ruanda entre tutsis e utus, uns comicios dos que semella saír vencedor o fillo do asasinado no 2001 Laurent kabila, Joseph medrou en Tanzania no exilio e para moitos non é considerado coma un Congolés de verdade senón máis ben unha marioneta dos empresarios da provincia de katanga moi rica en recursos minerais , Joseph nen sequera fala Lingala, que é o idoma do Congo senón que se expresa en francés. De seguro que os nosos irmáns de Konono votaron e o fixeron por algún dos 32 partidos restantes. Dende zimmer103 queremos mandar unha forte aperta a todos os congoleses que decidiron votar e tratar de cambiar as cousas non fuxindo da miseria senón enfrontarse a ela. Recordamos que zimmer103 tamén está inmerso nun perigoso proceso electoral , polo que se ti foras congolés e quixeras votar ós herdeiros políticos de Mobutu podes matar o mono votando a zimmer103 no proceso aberto en vieiros.com para atopar o ghit diste verán, non fuxas da miseria ....... vota zimmer103 , vota polo sátrapa da música electrónica galega!!