Mittwoch, Juli 19, 2006

E-MUSIC # OUVEOS NA NOITE

Igual que se lle fixeran un afeitado en seco a un talibán afgano , e-music e ouveos na noite confluiron coma dous barbeiros na tormenta para realizar un inaudito afeitado dentro da comunicación alternativa galega, se para alguén había algúnha dúbida de que o podcast ía rachar coas radiofórmulas e cos xeitos caducos da comunicación radiofónica aquí vai un máis que poderoso exemplo, dous dos podcasters estrela do panorama galego, Sak e o lobo ouveador viluba pecháronse de xeito hermético no zulo enmoquetado dos estudios Grozni para realizar nun espectacular corpo a corpo a micrófono aberto na primeira confluencia de podcasters feita no país. A berbeiría do Norte abriu as súas portas coas navallas ben afiadas, sentádevos na silla metálica e deixade que sak e viluba vos unten a cara de espuma mentras soa no voso ipod , computador ou reproductor mp3 o máxico son da revolución radiofónica.