Iste venres estréase no Caixanova de Vigo a enésima volta de folla á movida viguesa dos 80, Julián Hernández , Antón Reixa , Coppini e Teo Cardalda acompañados do sempre omnipresente cando se fala distes temas , Jesús Ordovás, a enfermiza unión do director do diario pop e de ipop coa movida 80 chega a semellar o que acontece coas moscas e a merda, donde hai unha cousa xa se sabe de antemán que está a outro elemento. Nista non redección non nos caracterizamos por ser nostalxicos de nada , se exceptuamos claro está o estrano caso de arraigo e aprecio que moitos dos mandris sentimos polo réxime de Enver Hoxha cando o camarada presidente dirixía os destinos da irmá Albania xusto ate precisamente o 81, habería movida en Tirana? . Do que se podería falar no “ Periféricos” II , que así é nome do filme , sería de cómo sobreviven isas antigas estrelas dos 80, Teo facendo anuncios a prol da familia na radio galega e paseando os sete ou oito fillos que ten por Lourenzá e Ribadeo buscando a casa rural perfecta para escapar do estrés e criar así os betegos fóra do ambiente sórdido dunha cidade coma Vigo , por exemplo, Julián con Rómulo dilomático sobrevivindo coma soldado de fortuna nos palcos dun pobo calquera, Antón O Califa do audiovisual que tivo que abandoar os escenarios dende aquel retrouso na festa do queixo de Arzúa no que incluso Kaki Arkarazo e Pintxa refuxiados detrás dun ampli non crían os insultos de reviosionista que Reixa recibía dende ogrupúsculos exaltandos entre o público que incluso tentaban subir ó escenario para alumarlle, eran tempos de alivios rápidos e despois do safari mental o máis grande mc galego de tódolos tempos trocou o micro por un lápiz de carpinteiro. Germán Coppini anda a presentar novo discos despois de enrolarse nisa penosa aventura de Anónimos xunto con outros compañeiros de fatigas dos anos heroicos, como diría Julio Ruíz.
Freitag, Juni 16, 2006
PERIFÉRICOS