Mittwoch, Juni 28, 2006

OS APÓSTOL@S DA CARRAXE!!

O Phume xa está no ar, agora depende de ti, membro da comunidade de mandrís adoecidos , transportar ás costas, nun cd, nun vinilo , nun link ou no teu mp3 ista boa nova para que todo o universo se entere do tremendo raio de electricidade que acaba de caer xusto no centro dunha pista de baile dun clube calquera , o mesias das noites de loucura naceu nun portal dixital entre pallas metálicas e protexido polo alento de dous tremendos bois da chega , zimmer103 busca apóstolos da carraxe!! Contra as catequesis do capital e contra unha B.S.O establecida , apóstolos da carraxe invadindo de beats enfermos as leiras e os canellóns das aldeas e das cidades do universo enteiro.