Freitag, Juni 09, 2006

GALIZA MUDA!!



ERC criticou moi duramente a campaña institucional que dende o goberno catalán se puxo en marcha para animar ó voto no referendo do statut, a cuestión é que na traducción da mensaxe falada ó idioma de signos para os mudos utilízase o español cando o catalán ten unhas posturas ou idioma propio. Dende zimmer103 queremos que os mudos falen galego e non teñan que ser esclavos da simboloxía española para poderen expresarse, mentras en Andalucía no seu estatuto recollen xa a competencia exclusiva no campo do flamenco na Galiza seguimos a chegar tarde e arrastro a todo o que non sexa unha polvada ou churrascada que é como se amañan os asuntos niste país. Dende zimmer103 pedimos o NON para o estatuto galego moito antes de que saia a ver se así imos adiantando algo de tempo, signos inequívocos de que nada muda!!