Donnerstag, März 30, 2006
O IDIOMA DAS LÁPIDAS
Zimmer103 foi pioneiro na denuncia da especulación que se está a producir cos prezos dos nichos nas cidades galegas e puñamos o exemplo da Coruña, hoxe os mandrís dista non redacción queremos facernos eco e apoiar a iniciativa da sociación Veiro da Franqueira que pide inscripcións en galego nas lápidas dos concellos de A Cañiza, Covelo, Mondariz, Pazos de Bordén , Ponteareas , Redondela e Soutomaior e por extensión nas lápidas de todos os cemiterios da Galiza. Dende zimmer103 queremos que a microcomunidade nómade de espíritos vivos e mortos que acode a istes regos escritos refrexione en como quere quedar exposto para a posterioridade, zimmer103 ve coma imperialismo a nova moda da incineración, o único que apoia , como xa quedou claro nun artigo de fai uns meses é a autoinmolación por motivos políticos.Xunto con ista reivindicación lóxica do idioma das lápidad queremos reivindicar tamén o dereito ó enterramento libre nas terras de propiedade de cada un , se un desexa enterrarse no seu xardín ou leira cunha lápida en galego qué lei é a que prohibe iso?. Nunha intervención máis de creatividade extrema zimmer103 ofrece a posibidade da lapidación virtual , mándanos unha inscripción lapidaria ó noso enderezo e nós colgarémola na páxina . Non te cortes, opoia ós amigos de Veiro da Franqueira !!