Donnerstag, Februar 02, 2006
TÚZAROS
Nista pequena non redacción de zimmer103 temos intres nos que o noso sentimento mandril se extremece ó recibir novas que nos deixan como se nos golpexaran cunha monumental patada nos dentes. Os Túzaros, ise extraordinario combo de San Lázaro (Compostela) abandona andaina compartida deixándonos nos seus dous traballos editados dúas extraordinarias mostras de metal galego puro e duro tan necesario para unha B.S.O dun país marcado pola parsimonia , os fiumes e a puta merda de tantos grupos e solistas. Dende zimmer103 sempre estaremos agradecidos ós Túzaros, non poido esquencer ise intre no campo de futbol da Escravitude cando Mario e o Chata deixaron a súa SG e batería a un par de enfurecidos músicos que baixo o pseudónimo de Os Rantampláns e co apoio do baixo furacán de Xulio fixeron tremer os cimentos do estadio municipal da Escravitude. Ser un rebelde é moi complicado...... todo ista non redacción xunto cunha enorme larada de mandrís adoecidos que forman a comunidade nómade de zimmer103 manda unha furiosa aperta metalizada ós nosos primos de San Lázaro!!