Donnerstag, Januar 19, 2006

XIKUNAHITI: BEATS DE CABEZA

Sures imposibles saen do reproductor de mp3 cando se dispara o disco "sports" de javip3z, a homaxe a deportes minoritarios e moitas veces non recoñecidos como tales que o donostiarra brinda nise espectacular traballo , coinciden coa espectacular nova que ten coma protagonista ó esquiador ghanes Kwame Nkrumah-Acheampong, ós seus 29 anos Kwame quere situar ó seu país no escenario do esquí alpino e para elo está disposto a realizar un papel máis que digno nistes xogos olimpicos de inverno que se van a despitar de xeito inminente en Turín. O primeiro contacto de Kwame co mundo do esquí foi pola televisión, aproveitando a súa estancia en Inglaterra dende o ano 2000 o noso esquiador preferido lanzouse coma unha fera ás pistas de neve do reino unido e logrou incluso que unha marca de esquís e de material deportivo de inverno se fixara nel patrocinando todo o seu equipamento e propiciando así que Ghana poida debutar nuns xogos olimpicos de inverno cun espectacular representante que xa ten o alcume de “O tigre da neve”.