Freitag, Januar 27, 2006

SOUL TO SOUL

A lenda do soul afroamericano Wilson Pickett faleceu iste pasado xoves víctima dun ataque ó corazon en Virxinia , o seu recordo sempre estará presente na comunidade de mandrís afrogalegos que formamos ista non recacción de zimmer103. A súa alma de seguro que vai sobrevoar ista noite de venres o plato de Luar da tvg nun programa especial adicado a outro irmán de Wilson de pel branca pero de alma negra, Andrés do Barro vai ser homenaxeado por varios artista e entre eles destacar a presencia diante da cámaras da tvg de dúas formacións. Ö igual ca o irmán Wilson Pickett no 1972 desembarcou no estado africano de Ghana para realizar un espectacular concerto de soul recollido no magnífico documental soul to soul , hoxe a Safari Orquestra capitaneada por Emilio López vai tomar o plato de Luar para descargar ise espectacular tema chamado "Teño Saudade" e que xunto coa posterior actuación dos mariachis de Andrés do Barro que botarán luz na skuridade da etapa Mexicana do soul man de Ferrol serán de seguro os dous intres máis rachadores dunha noite que se supón irrepetible. Rapaciña guapa / ronsel de frescura / espranza da vida / da vida futura........ [agardamos que a tvg repoña a derradeira actuación de Andres só uns días antes de finar no programa Ruada, aparece un Andrés derrotado pero cuns ollos cargados de vida e furia soul]