Donnerstag, Januar 05, 2006

MAMBEO COMBATIVO

Absolutamete conmocionados polo impacto social dos productos zimmer103, dende a nosa modesta non redacción pódese dicer sen ningún tipo de dúbida que estamos a modificar os hábitos de consumo imperialistas que dende os medios e comunicación masivos se tentan impor á populación mundial en xeral e ó pobo galego en particular. Dende que os SAkOS DE PHUME saíron ó ar [moi atentos ás novas porque niste universo de phumes controlados , novos estalos están a punto de saír dos pulmóns castigados de criatura chamada zimmer103] , e dende que as dietas foron modificadas pola incursión de insectos nos pratos de moitos fogares galegos e do mundo e dende que as peles de Morralha D´blue visten os vosos corpos xa nada é igual. Iniciase o ano e todo son pedir vos desexos , dende a nosa non redacción pedimos e pomos no voso coñecemento novos productos para o consumo concienciado. Cando na fin de semana saiades tomar unhas copas xa podedes esixir no voso pub o Cubata Galego, refrescos do cantábrico , fábrica de Pontevedra que produce e distribúe a Xiada Cola, auténtica bebida de Cola Galega que podedes atopar en tódolos Cemar do país, se a vosa mistura é con laranxa ou limon Xiada tamén ten ises dous sabores á vosa disposición.