Dienstag, Januar 10, 2006
BIRIMBAU DOENTE
Non se podía agardar máis, as torres de electricidade deixan paso un novo SAkO DE PHUME que de seguro vai estremecer a moitos dos que se atrevan a por a orella no espectacular estalo de minimalismo étnico construido coma un sinceiro e phumeante homenaxe a Herminio “O Cazote de Fonfría”. Dende a parroquia da Bastida na Fonsagrada, o Cazote construíu un imperio de sons con dúas únicas armas, a súa boca e un birimbau feito con baleas de paraugas vellos, artesán constructor e músico virtuoso contou co acompañamento coma voz solista dos seus vibrantes sons con Carmén, a súa muller puxo a sensibilidade necesaria para que o Cazote se pudiera expresar en toda a súa plenitude artística. Pero o xenio do Cazote non se aparcou unicamente na música , a literatura foi outra das súas paixóns , un espectular libriño escrito nunha libreta na que recollía máis de 100 xeitos de dicir na Fonsagrada que un individuo morrera é a súa gran obra escrita que aínda fica nun caixón víctima do sistema criminal de edición galego. Dende agora e para todo o mundo zimmer103 pon a secar un novo SAkO DE PHUME titulado BIRIMBAU DOENTE, desquiziada mistura de caixa de ritmos e birimbau que conta co acompañamento dunha voz que cruzou as terras do Eo-Navia para homenaxear ó Cazote e á súa compañeira Carmén.