Donnerstag, Dezember 15, 2005

ARRANDEAS.....

Os mandris adoecidos dista non redacción de zimmer103 queremos unir a nosa voz ás gorxas dos poetas e músicos que a noite do venres 16 na praza dos bombeiros en Compostela van berrar alto e claro contra a OMC , a organización muldial do comercio é un estamento imperialista que condea ós economías emerxentes a continuar na grande e fonda poza da pobreza. Zimmer103 pola soberanía alimentaria , ARRANDEAS é o poema co que os mandrís nos sumamos a ista acción anti-imperilista, achégate á praza dos bombeiros de Compostela para atizar o lume contra a fame!!


ARRANDEAS

botaba fume polos ollos
na imaxe máis terrible e psicodélica
que xamais vin del

dos seus ollos non saían bagoas
senón sangue
acabicornado pola lingua
acesa

apertaba os dentes
e turraba coma un boi cando
embiste
nunha chega]

achega de sensacións
no terrible 4º Skuro
do desexo.]