Montag, November 14, 2005

TEMPO DE CADEAS

O clima tornouse duro e a seronda ameaza golpexarnos duro na faciana, as mañans son frías e os días escurecen moi axiña. Fai tres anos a manifestación dos paraugas abría a porta da esperanza , a mesma porta que ista tarde se acaba de pechar. O goberno actual galego pon en bandexa as cabezas dos galegos e galegas que se negan a por o xugo ás costas e tirar polo carro da mentira consentida. Redada nas cidades á xuventude alegre e combativa, cal vai ser o seguinte paso diste goberno títere das forzas de represión española?