Freitag, Oktober 14, 2005
TARDES DE SAFARI
Coma se dunha serpe se tratara, a Radio Galega muda pouco a pouco de pel e deixa sentir as novas formas e xeitos de expresión que ate o de agora permanecían acochados entre as xestas e os codesos do universo underground. Iste venres 14 , a partir das 19h. Emilio López, o pulmón da cada vez maior Safari Orquestra, vai apresentar o Ep do seu grupo e realizar unha pequena sesión pinchando en exclusiva para a audiencia das Tardes da Galega os sons e as sensacións que inspiran a obra dista pequena gran orquestra galega. Subide o volume do voso transistor para que a nova sensibilidade sonora invada todos os poros do país!!