Dienstag, Oktober 25, 2005

Na prensa tamén atopamos estalos de creatividade intensa , mais un dos nosos favoritos e polo que zimmer103 ten especial devoción é por matalobos, iste xenial artista Lugués combina a paixón pola arte gráfica co gosto compartido cos mandrís que formamos ista non redacción polo espectacular deporte do hockei liña. Mais hoxe non nos toca coller o stick e golpexar na pastilla, o que si imos facer é coller os patíns e transladarnos ate isas dúas vilas marroquís chamadas Ceuta e Melilla para situados fronte ó muro de espiños que o estado estañol construíu de xeito inútil para frear a avalancha de irmáns que queren vir ate o noso continente. Zimmer103 fai unha homaxe ás caidos na loita contra a misera cunha pequena pero intensa mostra do comic africano que se etá a facer niste inicio de século 21, trocamos por un instante o vermello do sangue nos espiños pola tinta negra impresa en papel branco.