Dienstag, Oktober 04, 2005
Dwomo son ise grupo que nunca pasou pola TVG, só un dos seus membros falou con Belén Regueira no programa Chambo (agora nas Antípodas en radio Emuga) cando o actual Dwomo militaba coma batería dos Malarians , “hijos de un domador” é a súa ultima entrega e “Guillermo Tell” unha impresionante canción de homenaxe ó mítico xusticieiro, nise tema nalgunha das súas actuación levan un bailador de claquet que subido nunha tarima aporta os seus sons á tea de araña tecida por istes dous xenios da electrónica de xoguete , zimmer103 ten tamén vestidos os zapatos de claquet e baila de emoción pola nova carantoña imposta na RTVG pero está preparado para trocar os zapatos de festa polas martins vermellas de punta de aceiro para dar patadas nos dentes no caso que nada troque niste universo de imaxes e sons ate o de agora controlados polo feixismo. Zimmer103 ó igual que John Balan pide que poñan a galega, dixen a galega!!