Dienstag, Oktober 04, 2005
As únicas regañas de lucidez televisiva que estamos a percibir os simios dista non redacción son os estalos que de vez en cando atopamos nos concerto de radio3. inmediatamente despois de asistir cos ollos coma platos a un Auserón dicíndose militante da inocencia, os membros dista non redacción agardaron extasiados o concerto de Astrud que presentaban deitados no esceario o seu impresionante "Perfomance". Unha extrana liña de unión pode tecerse entre ises primarios Kaka de luxe e isa banda sen banda chamada Astrud, continua vixente isa búsqueda da inocencia e da inmediatez, moi poucos grupos poden facer un tema coma "qué malos son nuestros poetas", auténtico berro de dor e carraxe contra a doutrina da cultura establishment, incluso Rosalía pasa a ser unha ludópata nas mans de Manolo e Genís, cantos escritores poetas e músicos poderían Astrud falar se viviran a realidade galega, na maioría dos casos o sustantivo pasa a ser adxectivo autoproclamado xa que sacar un disco ou un libro para nada é referente nen de calidade nen de valía senón de mero oportunismo e a maioría das veces de mero compadreo hipócrita.entre editor – artista, “todo nos parece una mierda” é o exemplo máis claro de todo isto, para a banda barcelonesa todo é unha merda menos chico y chica , “quedamos así” é outra obra mestra baseada na cotianidade máis perversa coma fío conductor.