Dienstag, September 27, 2005

SONS GARRAPIÑADOS

Cos ósos mollados e a electricidade no corpo que a música do combo senegalés Sidy Samb nos meteu no corpo na inolvidable noite africana acudimos ansiosos os membros da non redacción de zimmer103 a desfrutar do invento dise enxenieiro das marxes chamado Seijo, que no seu taller de Caldas de Reis deu forma e ialma ó que hoxe coñecemos coma coches de choque ou coches eléctricos. Entre os acordes do neo reguetón de Shakira que xunto co impresionate éxito da banda sonora da teleserie “Paixón de Gaviláns” están a ser as indiscutíbeis triunfadoras diste principio de outono, introducimos a ficha na regaña do coche e iniciamos o meneo de golpes, unha violencia controlada que posúe a súa propia linguaxe, unha impresionate metáfora de vida , ti non me das eu non che dou, cando algún dos pilotos racha ista regla iniciase o combate. Sempre me causou especial admiración ises conductores que se sentan no lateral do asento e van máis levantados que o resto nun xesto chulesco e de superioridade hacia os seus contrincantes, moitas veces conducen incluso marcha atrás tentando incrementrar o nível de dificultade, o intre culmen é cando un rapaz lle zosca ben a ise auténtico mono da pista e o deixa temblando cagándose na puta que pariu ó neno. Co subidón de adrealanina a punto de facernos estalar o peito achegámonos ate o supermercado da sorte , isa boutique da ilusión chamada El Cubo ,a tómbola máis tocona de todas , a támbola que sempre toca, por diante diste simio desfilan quads e minimotos que por fin atoparon un cu nisa súa longa singladura dende a súa china natal.