
Se estás aquí é porque che intriga a ollada do mandril, pero en zimmer103 queremos informar sobre toda a biodiversidade que cubre o noso país e achegámonos ata A Coruña onde un "Cuac" resoa nas ondas hercianas desta cidade. Non so son dadoras de liberdade e esperanza as ondas do mar, son as ondas radiofónicas a altura do 103.4 as que encarnan no seu berro de pato ceibe a liberdade plena e pura; quen ía imaxinalo na cidade Pacovazquiana.
-Pero qué é CuacFM? É a meirande radio libre de todo o país.
-Por qué aporta liberdade? Porque é unha radio sen fins lucrativos onde todo o mundo pode ser partícipe, coma ointe ou coma locutor.
-Onde está a gorida do pato? No campus de Zapateira agochado entre uns odiosos eucaliptos.
-Como podo escoitar Cuac? Sintonizando o 103.4 na Coruña.
-Cando e qué emite a CuacFM? De luns a sábado unha programación que podes consultar enwww.cuacfm.org.
-Como podo ser un pato? Berra un CUAC e pregunta en cuacfm@cuacfm.org.
Únete xa a ese "CUAC" que soa a liberdade!!>