Dienstag, September 27, 2005

Dende o mítico concerto de despedida en Donosti de Negu Gorriak os membros da non redacción de zimmer103 non sentíramos a carraxe e a furia tan de preto, Mick demostrou unha vez máis que os Rolling son unha cousa aparte “ diste cristian , e eu dígoche hipócrita , diste patriota, pois ben , eu penso que tes a cabeza chea de merda” simplemete xenial, o seu alter-ego na Galiza , Xil Ríos fai unhas semanas foi asaltado en plena rúa por un membro dista non redacción para preguntarlle como ía o seu último disco , mais a autoritaria compañeira do xenial hosteleiro de moañés fixo que Xil soio pudiera balbucear que iste verán non tocara nada. Agardamos polo ben da música galega que Xil se repoña da confusión na que está inmerso para iso imos enviarlle unha copia do novo disco da banda de Charlie Watts a ver se colle recortes e pode adicarlle algo a Touriño e a Quin igual ca Mick lle adica a Bush e a Condolissa , dende zimmer103 mandámoslle ista notiña para que te inspires “ decídesvos galegos e eu dígovos hipócritas, decídesvos patriotas , pois ben , eu penso que tedes a cabeza chea de merda” , non todo está perdido Xil, , en zimmer103 confiamos plenamente en ti!!