Donnerstag, August 25, 2005

VÍSTETE!!

As institucións europeas decidiron abrir o mercado ás miles de prendas chinesas que estaban retidas nos containers abarrotados estacionados na fronteira. As boutiques e tendas de roupas de todo o país están trocando os seus escaparates para por xa a disposición dos seus clientes a roupa de tempada outono - inverno. Rebaixas de última hora para desfacerse dos stock acumulados pola roupa de veran asáltannos cando paseamos pola rúa, agora , que a vella que peneira a noite está chamando á nosa porta , atopámonos inmersos nun caos textil que impide o abastecemento normal das tendas da Galiza.