Montag, August 29, 2005

SELECCIÓN

Zimmer103 analiza a urxente medida tomada polo novo goberno galego sobre a inminente preparación da selección Galega de futbol. Semella por ista peculiar medida que só son galegos os que xogan ó futbol, os que practicamos e gostamos doutros deportes alleos ó balón pé semellamos estar en fóra de xogo da area de influencia lexislativa do novo executivo.
En San José (EE.UU) celebrouse fai dúas semanas o campionato mundial de hockei patíns no que Cataluña, xogando con camiseta vermella , venceu nunha apaixoánte final ó combinado arxentino, e digo Cataluña porque dise país eran os patinadores e máis o corpo técnico do equipo español desprazado ate Texas e o Catalán era o idioma no que o adestrador español se dirixía ós xogadores nos tempos mortos para facer as indicacións ténicas coma piodemos observar os que seguimos a final por teledeporte .Galicia ten un xogador de basket seleccionado no draff americano , concretamente en Orlando para poder , se el quixera, xogar xa ista tempada na NBA, a O.K liga ten a dúas escadras galegas metidas na élite dun campionato de hockei patíns dominado por equipas Catalanas, a posta en marcha da SuperLiga de Billarda-LNB [www.ovaral.blogspot.com] na súa segunda edición que rescata a iste deporte de esencia tradicional para darlle un contido contemporáneo e con posibilidades de ser referente na construcción dun novo concepto de unión entre tradición e modernidade como pasa noutras culturas peninsulares semella estar á marxe das urxencias diste goberno galego que teima en continuar a estela sementada anteriormente. As columnas da internet mudaron en único referente perante un parlamentiño máis parlamentiño ca nunca.