
De novo o noso incrible moniño pataca atopou un oco para a libertade, semella tamén que escolle de xeito moi oportuno cando realizar as súas fugas, niste periodo de apagón informativo os medios buscan e rastrexan noticias debaixo das pedras e claro, que o moniño decida por fin ó seu encerro nistas datas fai que a cobertura mediática da fuga sexa tremenda. A pena é que non teñamos fotos dos intres de repouso nista electrizande fuga, cando o moniño senta no sofá e cando deitado na cama é sorprendido nun pracenteiro sono polos donos da casa, que gran publicidade para os fabricantes dises sofás e disas camas que acadarían unha inmediata repercusión ó verse escollidos por ise xa icono mediático que xa é o moniño pataca de barreiros, seguro que coma se dun beckham das marxes se tratase moitas marcas publicitarias se lanzarían á loita por acadar a exclusividade nos dereitos de imaxe do maniño pataca.
De tódolos xeitos non todo foi unha festa, co caso Roquetas de Mar en candeleiro, os corpos de seguridade do estado esmeráronse en non maltratar o noso moniño ainda que posterior ó seu apreixamento na rúa Carlos III de Ribadeo o veterinario lle suministrou unha alta dose de droga para calmar e apaciguar as ansias de liberdade do moniño pataca. Despois de recuperarse no almacén de Vilaselán o noso heroe foi translado a Lugo polos membros do centro de recuperación da fauna salvaxe O Veral. Zimmer103 vai tentar seguir de preto as evolucións do noso moniño pataca , se alguén está interesado na adopción diste animal que non bubide en iniciar os trámites xa que definitivamente a custodia lle foi retirada ó seu dono – domador coñecido por ter en propiedade o circo ambulante Restrepo.