
En declarcacións exclusivas a zimmer103 Marifé Rodríguez unha lucense que reside en Tarragona e que por medio da inxestión dun polo intoxicado da marca Pimpollo durante un xantar en Bóveda acaparou a portada do xornal provincial de Lugo, moitas incógnitas asaltan ós membros da non redacción de zimmer103 sobre iste curioso caso. As fotos dos xornal amosan a Marifé postrada na súa cama do hostipal de Morforte, sen querelo nen buscalo acadou a seu pedazo de fama , unha cousa pola que moitos de seguro que estarían dispostos ate a matar, por certo, un confidente anónimo dos baixos fondos co que zimmer103 mantén estreita relación dende a súa aterraxe na Galiza procedente da Arxentina declarou a iste medio que matar unha pesoa custa o módico prezo de 300 euros. De tódolos xeitos iste é o intre a xeitado se un quere aforrar ises 300 talegos e cometer o crime perfecto aproveitando a tesitura do envelenamento masivo por medio de pitos precociñados . Sexa como sexa , a maior carga monetaria vai caer sempre na familia da víctima e máis se é da Coruña donde un nicho costa a frioleira de 6 millóns das antigas pst. Para evitar todos istes malos rollos en zimmer103 estamos decididos a traballar para fomentar a cría e producción do pito sen plumas , ise animal creado en Israel ten moitísimas posibilidades nos stands dos supermercados do pais, moito mellor co ises pitos enteiros plastificados que sabe deus cando os matarían, sen embargo no noso pito sen plumas tes garantías de sobra de que o animal está san e forte e o tempo de cocinado co antigo pito conxelado é moi similar. Galea os prexuizios e pide sen medo pitos sen pluma.