Mittwoch, Juli 13, 2005

zimmer103 VIAXES

En zimmer103 andamos cansos de sentir por todos os lados a repugnánte publicicade disa compañía de viaxes que representa un fillo de puta chamado “Jacobo Torres”, en realidade nun primeiro intre de confusión pensamos en tomar medidas contra a entidade e contra o actor que representa semellante patraña , non por nada senón porque pensamos que era unha burla ó noso gran amigo e camarada Jacobo Torres, representante dos traballadores Bolivarianos de Venezuela que públicamente declarou que o imperialismo está escandalizado pola estreita relación entre a revolución Cubana , a revolución Bolivariana , zimmer103 e a vangarda política Hondureña representada polo deputado Rafael Alegría.
Visto que nada podemos facer ante tamaña inxerencia na honra do noso amigo Venezolado , imos por a disposición dos amigos da revolución Bolivariana e polo tanto de todos os amigos de zimmer103 dous billetes para dúas persoas para visitar durante tres semanas o zulo no que viviu Sadam Hussein . zimmer103 corre con todos os gastos, viviredes tal e como o facía o antigo presidente do Iraque no seu refuxo anti-imperialista, comeredes , dormiredes e non vos lavaredes nas tres semanas que duren istas inolvidables vacacións, deixádevos de cancúns, illas canarias, tenerífes e enzuládevos, con zimmer103 VIAXES daredes un xiro radical a isas xa anodinas e monótonas vacacións.