Freitag, Juli 08, 2005

SACANDO A LINGUA DA TERRA

A empresa Río Narcea Gold Mine proxecta instalar unha mina de ouro no entorno dos lagos de Salave ( Tapia de Casariego ) para elo xa leva meses facendo estudos na zona e mareando a perdiz para iniciar as obras que van ter un fortísimo impacto medioambiental para ista zona da Galiza histórica , dende zimmer103 amosamos a nosa repulsa e o noso apoio ás plataformas cidadáns que están loitar dun xeito contundente para a paralización das obras da contrucción da mina en cuestión.
A FALA é o idioma empregado polos habitantes dista zona do occidente Astur , ise é o único ouro que dende zimmer103 queremos que se explote, que se faigan minas para a promoción diste tesouro que as xentes de Salave gardan no seu interior e que se deixen da noxenta especulación cos terreos e coa explotación dos mesmos. MINA NON!!