Na noite do venres 1 de xullo celebrouse a espectacular apetura do safari bar. Entre os asitentes á gran festa puidemos ver míticos nomes da escena underground da creación de vangarda audiovisual , musical e literaria do pais galego. De novo viamos xuntos ós dous dj máis salvaxes das terras do note, oS Bestos iniciaran a súa andaina cunha mítica sesión en Celeiro de Mariñaos cando fixeron temblar a terra cos golpes da agulla contra o vinilo , deles dicíanse na prensa especializada que convertían a cabina nun curro cheo de sons bravos ós que istes dous xenios das misturas cortaban a crin, quen non recorda A Fanfarria da Carraxe? , sentaron cátedra nunha sensacional actuación na Casa das Crechas en Compostela e remataron a súa carreira cunha inolviábel sesión no festival de Bretoña baixo o ceo estrelado dunha noite que xa pasou a historia. Dende Lugo tamén se achegou a celebrar a apertura do safari bar un dos que fora máximos responsábeis da Casa de Baleira , Manel levou ate o interior lugués a case toda a vangarda galega , dende Skornabois ate os Elviscristo furius machine e incluso na última etapa con nova sede A Casa de Baleira acolleu os ritmos sincopados dises tres reises do funk africanos que durante a súa xira europea “ Os pratos do caníbal” elexiran o por desgraza xa pechado Chiringo de Foz e a Casa de Baleira coma únicas sedes posibles para as súas descargas da música máis perigosa recollida nos canellóns da capital Keniata , eran coma xa estades pensando os Nairobi All Stars , tamén membros diste colectivo se achegaron ate o safari bar para celebrar a súa apertura. Pero non só de músicos estaba o safari cheo, deportistas coma ises xenios dos paláns e das billardas que forman a LNB estaban tamén celebrando o gran día de apetura , igual que o autor do libro “contos xitanos” grandes nomes da vida cultural ribadense se achegaron ate a gran sabana da zona vella, Reigosa , ise enorme actor e guionista que creou o monstruo de Vilaselán e que interpretou ó xa mítico Acidman, isa obra de arte que saíu do laboratorio que o Farero.com ten instalado na cidade da Ponte dos Santos, estaba entre os asistentes á festa ., igual que a multidisciplinar Cote que despois de ver pechado O Colón pode que no futuro elixa o safari bar para facer un dises espectaculares colages cos que nos fai alucinar cada vez que pisa un escenario.
Zimmer103 deséxalle longa e intensa vida a iste safari situado na zona vella Ribadense.