Donnerstag, Juni 02, 2005

A SÍNDROME DO PROBADOR

A dependenta da sección de embutidos duns grandes almacéns cortaba concentrada lonchas de xamón na máquina eléctrica, os acordes dunha canción de Bruce Springsteen formaban o son incidental da acción do corte e empaquetamento das lonchas interrumpido iste pola repentina presencia dunha compañeira portando na man un paquete de pinchos morunos e comentándolle á dependenta dos embutidos que viña de atopalos nun probador de roupa de señora.
Nas series americanas cando unha muller está nerviosa polo xeral abre a neveira e ponse a comer dises tarros xigantes de xelado , acción a de comer que combina con frases tipo ó carallo con todo, ou que lles dean, comer é para o subconsciente femenino unha acción de rebeldía, chupetadas ou calquera outro alimento moi alto en calorías son case sempre as comidas elexidas en casos de tensión máxima.
Ista muller reproduciu sen querelo unha máxima da sociedade galega, heterosexuais, homosexuais e transexuais, sufrimos a síndrome do probador, a sídrome do arrepentimento xusto no último instante de dar o paso. Dietéticas , ximnasios , farmaceuticas e demais estructuras mediáticas do adelgazamento son en gran medida as principais culpábeis do problema diste puto e graxento país. En zimmer103 amosámonos contrarios ás dietas físicas e de imposición gubernamental, dietas dos alcaldes , dietas dos deputados , só somos malditos pagadores de dietas a políticos., xuices e militares que engordan petos e bandullos mentras nós sufrimos por perder uns gramos e gañar un peso, zimmer103 pola insubmisión dietética e fiscal!!