Dienstag, Juni 28, 2005

OS LOOPS DA XUNGLA

A partir do venres 1 de xullo Ribadeo vai contar cun moi especial templo da cultura contemporanea donde se vai poder desfrutar da mellor música actual ó mesmo tempo que se toma un café ou unha copa. Os mellores Dj do país xa suplicaron de xeonllos pasar pola cabina do Safari Bar , concertos acusticos , exposicións de fotografía e pintura e incluso teatro son só unha pequena mostra do que iste novo espacio situado en plena zona vella ribadense vai ofrecer ós seus clientes . Emilio López , alma mater do grupo Safari Orquestra nunha vida anterior cantante de Skornabois, é o responsable da posta en marcha diste novo bar con esencia de clube londinense , zimmer103 danzando da emoción!!