Donnerstag, Juni 09, 2005
movemonos
Os servicios xurídicos da zimmer103 están traballando a reo para preparar a defensa do moniño tití fuxido da antiga granxa de cochos de Barreiros, as forzas de represión do estado español perseguiron durante a mañá do mércores 8 de xuño ó animal para detelo despois de dúas horas de intensa caza e captura en San Miguel de Reinante. Inmediatamente o pequeño moniño foi conducido a dependencias policiais para de xeito totalmente ilegal retelo contra a súa vontade, cal foi o delito diste animal? Zimmer103 inicia a campaña de recollida de sinaturas para a urxente liberación do moniño de Barreiros. Sae da xaula e asina pola amnistía diste membro da nosa redacción.