Dienstag, Juni 07, 2005
A CARPA FIB
Cos quentes do verán iníciase tamén a tempada de festivais alternativos maioritarios, os principais grupos do momento actúan baixo ises grandes toldos denominados carpas, a publicidade diste ano do FIB fixo referencia ó doble significado que ten isa curiosa palabra, carpa como plástico ou sucedáneo que recobre e protexe a zona de concerto e carpa peixe ,animal que a día de hoxe está a supor unha gran ameaza para a fauna fluvial autóctona galega. Despois de que o sonar inaugurara un novo concepto nos carteis anunciadores , recordamos o can , a familia mexada, maradona ....... moitos festivais trataron de imitar ista idea e os cartaces tentan pulsar sobre aspectos externos ó puramente musical. Fai anos iniciose o a día de hoxe caduco concepto de carpa dance, carpa chill- out ou carpa hip-hop, as músicas misturáronse e deixaron obsoleto o termo carpa como elemento diferenciador . Os grupos galegos polo xeral sufrimos de xeito moi acusado a exclusión continua e continuada de acceso ás carpas ou escenarios principais dos festivais que se celebran no país, safari orquestra, apeirón ou fanny and alexander poden estar perfectamente situados nas carpas principais de calquer festival europeo ou mundial. Igual que as troitas do país sofren a inxerencia das depredadoras carpas a música de vangarda autóctona tamén é victima diste maldito mal, zimmer103 aposta polo por un lollapalooza galego , festival itinerante de grupos galegos no que nós pomos o carpa e nós pomos a música.