Donnerstag, Mai 05, 2005

ALDEAS NÓMADAS

Parroquia da Catro no concello de Dodro, Eduardo 67 anos, vive dende fai 5 anos nun colector metálico de 11 m2 situado nunha leira da súa propiedade. A tramitación dos permisos para a construcción dunha vivenda digna viñéronlle denegados por mor da non aprobación da construcción nisa zona dun pozo negro.
Zimmer103 constata que o problema da vivenda afecta tamén ó ámbito do rural, non é algo exclusivo das grandes urbes como semella que nos queren facer ver, ista sociedade capitalista do século 21 quere que os habitantes do rural teñamos que seguir cagando na leira, non podemos ter nen baños nen dignidade nen sequera casa, zimmer103 quere deixar clara a súa postura de apoio a Eduardo e a moitos máis galegos e galegas que se sintes aldraxados e atacados por unhas institucións coloniais que agreden sistemáticamente a nosa condición se seres humanos.