Dienstag, März 22, 2005

VALETUDO NA NOITE

Ribadeo é isa vila fronteiriza na que as fins de semana aniñan milleiros de rapaces e rapazas de cada lado da fronteira para disfrutaren dos encantos da noite . Diferentes iniciativas tanto niste concello coma noutros de todo o país tentan calmar os ánimos dos xoves e non tan xoves que saen polas noites para tomar copas , drogarse ou tentar foder ,mais en zimmer103 vemos un novo aliciente que semella estar facendo furor entre os xoves que disfrutan da noite ribadense, o valetudo , ise deporte de contacto total con regulamento elemental no que nada está prohibido, está sendo practicado por numerosos rapaces agrupados en pandillas que de xeito incontrolado practican iste deporte nas rúas da parte nova .
Zimmer103 pide espacios acondicionados e abertos 24 horas para o desenrolo do valetudo, sobre tudo en zonas de ocio nocturno donde é máis proclive que a xente entre en contacto.