Nista europa branca e neoliberal non está permitido dicir que un non gosta do futbol, se un afirma que outro eurocopo ou mundial é posibel con seleccións nacionais que representen de verdade ós pobos da europa e do mundo corre o risco de que o marquen coma un inadaptado, un ser desprezábel.
Mais en Portugal non todo é Superliga de futbol nen Liga de Campións, por sorte para nós en sitios coma Montalegre , concello das terras do Barroso, hai un deporte con moita máis tradición e puxanza , son as chegas de bois. "Se no mesmo día em Montalegre se realizasse um jogo de futebol entre Portugal e Inglaterra e uma chega de bois , o estádio de futebol estaria vazio e o campo da chega completamente cheio".
De orixe árabe , as chegas de bois consisten no enfrontamento entre dous bois que xeralmente reprentan a dúas vilas para dilucidar cal das dúas ten o boi máis poderoso , o que se coñece coma “ boi do povo “ é coidado e mimado por un preparador no que a xente deposita a súa confianza para que cando se produza o desafío o animal estexa en perfecto estado para ir á loita.Na Galiza istas “boiadas” realízanse en concellos da raia coma Muiños , polo menos ata agora xa que a Xunta acaba de penar cunha multa monetaria ós organizadores da última chega niste concello , por desgraza a popularidade no noso país diste deporte non acadou aínda as cotas dos veciños portugueses.
En zimmer103 tentamos por o noso gran de area para que a situación troque, que a xente se acorde que cando unha pelota disas de raias empeze a rodar nun estadio calquera entre dúas seleccións ou equipos calquera plagados de xogadores mercenarios, nun campo da chega calquera, dous bois do povo loitan e pelexan pola xente á que representan.