Mittwoch, März 02, 2005

O BRASIL DAS MARXES

O goberno de Lula ten a día de hoxe un problema de índole animal, gran número de burros barasileiros quedaron abandoados por mor da mecanización nos procesos de producción no agro. Sen depredadores naturais nen amos que os coiden , a populación de burros acadou xa os dous millóns de exemplares, un dos maioires problemas disto son os accidentres de tráfico provocados por pollinos vagabundos, dende zimmer103 tentamos que a xente tome conciencia e xa que entre nós o burro parece que é unha raza en extinción , empezar accións encamiñadas a importar burros do brasil á galiza, se os campos de futbol se enchen de xogadores brasileiros dando couces a unha pelota , cal é o problema para que os prados de galiza se enchan de burros cariocas dando couces e orneando en galego –portugues.