Dienstag, März 22, 2005

AUGA TURBA NOS GRIFOS DE MAMAN

Maman é unha parroquia do concello de Sarria (Lugo) , habitada por uns 200 veciños está a sufrir as consecuencias do crecemento non sostido. Unha empresa de fabricación de queixos parece ser a culpable da contaminación que sufre a auga da traida que ata o de agora abastecía ás casas de toda a parroquia.
Os pozos particulares semellan ser de novo a solución, dos que dispoñan deles claro, mercar a auga embotellada é a única alternativa posíbel para os outros.
A hixene persoal dos veciños e veciñas tamén se ve afectada por ista contaminación das augas xa que non é posible o aseo en baños de auga podre e turba, zimmer103 por desgraza só pode amosar a súa solidaridade cos afectados e tentar promover a campaña Queixo si , pero auga tamén!! pola cal os amantes do diste alimento lácteo pedímoslle á queixería sarriana que arranxe ista situación tan lamentable.
Queixo si , pero auga tamén!!