Sonntag, Februar 10, 2013

ROCK INDÍXENA , O PODEROSO MOVEMENTO DE AUTOAFIRMACION NADO NAS RESERVAS.... XA TEN REFERENTES NA GALIZA!!



Dende o estado de Sonora en México , lanzan  os seus feroces ouveos acompañando as enveadas lanzas de punk os membros da potentísima banda Hamac Caziim , os activistas da etnia seri son unha das grandes referencias mundiais do denominado Rock Indíxena. Cando premas o Play preguntaráste que carallo é isto? son indios coma ti , e non cantan nen en inglés, nen español,  nen frances nen en ningun puto idioma colonial senón na súa propia lingua seri na que fan un impactante e implacábel combiancion de anti-rock con guitarras estridentes, estrondosas baterías e unha brutal agonía de berros que fan que dende metade dos anos 90 os espíritos entolezan cada vez que suben ó esceario .



Uns espíritos indixenistas embravecidos que sairon ás rúas de Tucsom ( Arizona )  pola boca dun indio americano cando se atopou de frente cunha manifestcion anti-inmigración ó que se enfrontou dicíndolles que eran eles quen tiñan que marchar , que el e os seus irmáns eran os únicos americanos nativos.



Sons e actitudes pois que consolidan o Rock Indíxena coma un movemento coma un gran furacán que escorrega lava ardente por todos as comunidades aldraxadas do planeta entre elas por suposto a Galiza . Un festival o Bats´i Fest a cabalo entre México e Guatemala é un dos referentes mundiais das grandes bandas indixenistas , como se pode ver niste pequeno video-estalo , o seu esceario convértese nunha impresionante plataforma de expresion totalmente alonxada dos cánomes dictados pola metrópoles, un preceptos que os galegos Ex_tension Agraria tamén escupen e aldraxan en cada un das súas accions e impactes concertos.  Hamac Caziim , Vayijel , Nu Boxte ,  Sak Izevul e claro está tamén os Ex_tension Agraria son ises potentíusimos dardos enveleados do cada vez perigoso , cercano e amiazante Rock Indíxena , e atencion porque se falamos dunha banda galega , temén podemos alviscar xa un posíbel festival referente do Indixenismo , foi fai uns anos no Billarda All Stars celebrado en Cabanas donde os Ilegível de Säo Genjo realizan en colaboracion coa LNB o primeiro micro-festival indiscutibelemente de Indixenista , un marco o do Billarda All Stars que ultima unha nova edicion para iste vindeiro 2 de Marzo en Muimenta para os que os irmáns indíxenas de Cabullo preparan un fin de festa que pode consolidar iste espazo brutal de confluencia de estrelas e billardas coma o gran referente do Rock Indíxena na Europa...Racha coa metrópole, #faiteIndíxena!!