Nun mítico
concerto de Skornabois en Pontevedra entre o luso e fusco dos
90 , cuxo audio quizais algún día vexa a luz , pode escoitarse a
interacción brutal de músicos e público que sempre definíu a
música e actitude dos de Lourenzá cun atroador berro dun Skorner
hoxe á fronte dise imperio comercial chamado Tenda-Galiza >> VIVA
CEAUCESCU!! - eran tempos salvaxes nos que a suposta
democracia abríase paso en Rumanía axusticiando ó gran presidente
e á súa muller cun par de tiros na nuca no medio do lamentábel
balvordo popular.
E
cando un dos activistas sonorosos que estaban en Pontevedra vestindo
a camiseta de Skornabois afía coa pedra a gadaña para subirse
ó esceario móbil do Alegre
Cownboy Psicodélico para
executar o holocausto sonoro que Ex_Tensión
Agraria Som Systema realizarán
o vindeiro 6
de Xullo en Bretonha no Pendello gzRock Experience ,
un feito coma o acontecido fai so uns días do intento de
suicidio mediante un tiro na cabeza do expresidente Rumano entre o
2004-2009 Adrian
Nastase chega
para reconducirnos na sempre marabillosa a catartica senda do
descurrer da actualidade socio-política rumana. Ante a presion
xudicial e política por suposta corrupción durante os anos de poder
, Nastase
optou por coller a pistola e dispararse na caluga cando a
policía viña detelo á súa propia casa, foi por elo que un axente
ó garralo do brazo desviou a traxectoria da bala que lle penetrou
polo pescozo . Nastase recupérase satisfactoriamete mais agora agora
mais ca nunca urxe que alguén remata dunha puta vez o que a polícía
feixita Rumana evitou , dende o espectalar esceario mobil de 3
eixos do alegre cownboy en Bretonha....VIVA
CEAUCESCU E MORTE A NASTASE !!