Samstag, Dezember 24, 2011

KIM JONG-UN .... O NOVO GRAN LIDER XA ESTÁ Ó MANDO!!


Impresionante e sen precedentes o apoio de todo o povo galego de ben ó novo gran lider da amada República Democrática Popular de Korea do Norte , despois da sentida homenaxe da indomábel larada de mandrís adoecidos en forma de lanzamento de esgarros de pésame ó mausoléo dixital de Kim Jong-Il non queda máis que erguer do novo a ollada e o puño para felicitar ó novo gran lider Kim Jong-UN polo brutal golpexo de timon ó executar sen tremerlle o pulso a súa primeira orde como presidente diante do corpo presente do seu pai . Kim Jong-UN ordeou a todas as unidades deter todas as manobras en curso e voltar ós cuarteis, trátase pois da máis clara proba de que Kim Jong-un asegurouse o firmme control sobre as temidas forzas armadas NorKoreanas . Quedan pois pendentes uns ensaiaos previstos para o pasado luns cuns misís de corte alcance para os cais dende ista non redacción xa enviou un burofax á oficina de presidenca do novo gran lider para trnasmitirlle as mostras de dor recollidas nos esgarros de pésame e postular á Moncloa , donde se vai hospedar definitvamente ise ser falegófogo , coma posíble branco para ises misis que piden terra a berros...