Freitag, April 11, 2008

VIGO 2009 : HOCKEY SOBRE PATÍNS ENFERRUXADOS!!

A selección catalana de hockey patíns é a punta de lanza e representa a vangarda deportiva e política das aspiracións lexítimas a competir oficialmente en competición internacionais, incomprensibelmente Galiza, sendo unha potencia mundial niste deporte, quedou á marxe priorizando outras disciplinas cun marcado caracter anecdótico. Hockey sobre pés descalzos como dicían os resentidos no tema Vigo 92, agora en Vigo 2009 hockey sobre patíns enferruxados que ogallá sirva para preparar os sticks da selección galega de Hockey Patíns e Hockey en Liña. No 2009 haberá pegatinas pero non haberá por quen saír , o importante non é participar....non sabemos perder e o galego-arxentino Martinazzo seleccionador nacional!!