Freitag, April 18, 2008

A DIÁLESE LITERARIA QUE PODE RECUPERAR O PULSO VITAL DO BLOGOMILLO!!

Indiscutiblemente a forza do mestre foi transmitida ó alumno , defender sobre as mesmas táboas durante máis de 10 anos o incendiario proxecto de Teatro do Aquí ó carón do grande Roberto Vidal Bolaño fan que o lume saia pola boca dunha aparentemente normal ama de casa que responde ó nome de Ruben. Cunha espectacular locución levounos da man desfilando sobre canellóns mexados , con pintadas de ionquis que, con spray sobre paredes noxentas verten maravillosas amiazas. A Coruña das Molladas e o Bar Panta en San Miguel de Reinate destapáronse na presentación ribadense de Limpeza de Sangue coma o sustrato subterrano dunha historia de hospitais , donde por estrano que pareza os doentes son os protagonistas. Sobre as táboas dun teatro ou nas pantallas da TV agardamos ver ista montaxe que polo de agora so te podes mergullar lendo un libro que REVERTE..... Ouveos na Noite ten o master da leitura teatralizada feita polo autor e outros 3 actores dunha pasaxe da peza e poida que nun futuro poida ser guindada, básicamente para foder ós do diario cultural. Pero a explosiva nova da noite aconteceu nos vestiarios literarios cando Rubén , confeso adicto á randeeira , lle fixo unha petición con rogo expreso e formal ó misterioso home da RANDEEIRA para que voltara á actividade de xeito urxente, e pode que ise intre esté preto., porque AGORA + CA NUNCA...GALIZA NECESITA RANDEEARSE!!