
Espectacular de novo , resposta do indomable rabaño de ovellas mouras de ouveos na noite, o podcast galego de autor que
nista súa última edición do ano arremete contra a constitución española volta a colleitar un enorme trunfo en vista da avalancha de mails con insultos e alagos recibidos nista non redacción, pero se temos que destacar un , ise é o correo remitido por Ricardo López dende Muras. De seguro que a semana pasada puidestedes ver nos informativos ou na prensa o caso da
Aña sen orellas , pois ben , Ricarso é o seu dono e remitiunos unha queixa para que os ouveos nun futuro sexan reproducidos no idioma dos signos para que a aña poida seguir con atencións os insultos á coroa e á constitución. Remata pois un ano que nista non redacción bautizamos coma o ano Bikila en honra ó 75 cumpreanos do atleta no caso de estar vivo e iniciamos un novo ano que imos chamar coma........o ano da Aña Xorda, en homenaxe á ouvinte sen orellas que habita unha corte de Muras.