Fran Gayo , o componente masculino do referencial dúo Mus , director do festival de cimema de Ourense. Sorprende observar como a cidade das burgas se está a converter no paraíso para dinosaurios tolleitos da música peninsular , os únicos con credencias e motivos son os Suaves con Yosi á cabeza ( desfeita ) claro , pero durante un tempo a ista parte vimos desembocar ó caron da fonte das augas quentes proxectos en vía paliativa tales coma o DerrameRock que dende Pravia ( Asturias ) chegou a Ourense para agonizar na terra da chispa . Reixa , un mito do rock galego , que perdeu toda a dignidade despois do seu paso sgae , con toda a "geta" do mundo , revive ós resentidos precisamente en Ourense nun corcerto aniversario e como a vaca xa non atopa máis leiras donde pacer pois é precisamente alí donde se lle financia e artella a necropse da mítica banda viguesa ó caron doutros ilustres dinosaurios e da màis antiga banda municipal galega , a de Lira.
Pero a nova sorpresa é ver nunha entrevista a Fran
Gayo e decatarse que joder ise é o tipo de Mus , o dúo Xixones que se marcou uns
impresionantes discos co referencial selo Acuarela cantando en asturiano e
practicando unha sorte de batiente-triphop que deixou fonda pegada nos
primeiros anos diste século 21. Disolto Mus , Gayo publicou un disco xa cantado
en español e falto de toda a intensidade, calidade e emoción do seus anteriores traballos , dende ise momento perdinlle a pista ate istes días que aparece como
non podía ser doutro xeito como acomodado acomodador dirixindo o festival de cine de Ourense. Máis aló dunha brincadeira ocasional o que deberiamos considerar os galegos e ourensáns en particular é se non haberá xente capacitada para dirixir iste festival sen ter que importar " talentos " da outra beira da Eo , sen ir máis lonxe eu creo que Emilo José sería o director perfecto ....#OuExit!!